A nosa horta

Rexeneramos e devolvemos a produtividade ás nosas leiras
Nuestro huerto
Compromiso
Cultivar rexenerando

Eiras de Ares ocupa unha superficie dunhas 7,5 hectáreas nas que se cultivan de maneira ecolóxica e rexenerativa todo tipo de hortalizas tradicionais da horta galega e nun futuro incorporarase un pequeno viñedo de uva autóctona “branca lexítima”.

Transformamos unha zona chea de eucaliptos nun «bosque comestible» con nogueiras, castiñeiros, carballos e outras frondosas autóctonas. E contamos cunha gran diversidade de árbores frutais de especies tamén galegas.

O noso propósito é integrar o coñecemento da agricultura rexenerativa e do multicultivo e recuperar o patrimonio inmaterial dos tipos de plantacións e labores desenvolvidas tradicionalmente.

Ver produtos
A nosa pequena granxa

Os animais son os nosos cómplices para rexenerar a contorna e aumentar a biodiversidade.

As galiñas de Mos e de raza Piñeira e as cabras e ovellas galegas, que actúan como “desbrozadoras”, son as protagonistas da nosa pequena granxa. Dela obtemos ovos e abono para manter nutrida a nosa horta.

Nunha soa contorna pódense coñecer algunhas das principais razas autóctonas galegas.

Superficie
7,5 ha
As abellas de Eiras de Ares
O balneario

Eiras de Ares é o seu balneario e as abellas veñen aquí a recuperarse do ataque das temidas velutinas.

Ademais, contamos cunha actividade de apicultura profesional e colaborativa, temos a sorte de poder gozar da arte de producir mel. O traballo colaborativo dos enxames inspíranos e contamos con profesionais da apicultura que se encargan da extracción e o filtrado da mel.

Comprar
Nuestro huerto
Nuestro huerto