Agro-cultura
Un proxecto de desenvolvemento cultural e social en Montefaro, Ares

As raíces de Eiras de Ares

Ao pé do Mosteiro naceu a aldea de Cervás. Os seus habitantes foron quen, a partir do S. XIV, traballaron as terras dos franciscanos.

A vida dos agricultores organizábase arredor das eiras nas que se mallaba no trigo e no millo que logo se almacenaría nos hórreos. As eiras eran os espazos comúns compartidos por pequenas agrupacións de dúas ou tres casas, nas que primaba a colaboración entre veciños.

Ata os anos 50 do século pasado, o sustento das familias baseábase no cultivo do minifundio, en posuír unha vaca e no uso dos recursos naturais da zona.

Así, xurdiron a Eira dos Raimundos e a Eira dos Cachenos.

Eiras de Ares, veu reactivar o espírito colaborativo das eiras e a recuperar os minifundios abandonados e a actividade agrícola da zona, empregando ademais a cultura e o deseño como pancas de cambio e de mellora da nosa calidade de vida.

Por este motivo, queremos recibir a visita de moitos artistas na residencia, de amigos e turistas que estean interesados en axudarnos a promover este novo modelo de turismo responsable.

O noso aloxamento
Goza dunha contorna única e descobre as nosas casas.
Déixate levar pola tranquilidade en calquera das nosas catro acolledoras casas rurais, rodeadas de paisaxes naturais propias da maxia do monte de Montefaro. Un lugar único no que conectar có rural galego e asomarse á Ría de Ares..
Aloxamento

Eira dos Cachenos

Pedrachá

É a antiga casa do señor José e comprámola no ano 1979, para convertela nun paraíso familiar. Foi aquí e entón que comezou a nosa historia. Hoxe está completamente rehabilitada polo estudo de arquitectos r.v.r de Santiago de Compostela. Nela atoparás confort, tranquilidade e unhas preciosas vistas.

Reservar

Adega de Sardiña

Como o seu nome indica era unha antiga bodega na que se gardaba a colleita da pataca. A casiña é moi confortable e ten un encanto especial para estancias curtas e para parellas que queiran gozar da tranquilidade da contorna.

Reservar proximamente

Eira de Os Raimundos

Casa Os Raimundos

Era a casa principal da Eira dos Raimundos. O seu patio traseiro, có pozo e o sol da tarde, é un lugar encantador.

Reservar proximamente

A casa de Lola

Ten unhas preciosas vistas ao campo. Os hórreos na eira, o pozo e a súa gran nogueira son pezas únicas. As dúas casas están rehabilitadas polo estudo de arquitectos r.v.r e están rodeadas da extraordinaria beleza dos campos de cultivos.

Reservar proximamente
Produtos frescos

A nosa horta

«Promovemos un proxecto piloto de agricultura rexenerativa en Galicia para recuperar a contorna e devolver a produtividade agrícola á zona.»
Comprar

A agricultura rexenerativa consiste en restaurar a calidade do terreo degradado de forma natural, mediante o multicultivo e o uso respectuoso dos animais.

Aquí poderás coñecer as nosas galiñas de Mos, as galiñas Piñeiras, as cabras galaicas e as ovellas galegas..

Goza de produtos frescos e de tempada, alineados cos ciclos naturais do campo e vén coñecer as razas autóctonas galegas.

Superficie
7,5 ha
Oríxenes das nosas casas rurais
Un lugar con moita historia
Ubicadas nunha contorna protexida, estas casas eran un núcleo rural no que primaba a colaboración entre veciños, o seu modelo de cultivo baseábase no uso dos recursos naturais da zona. A casa do señor José comprouse en 1979, e aí empezou a nosa historia.
1979
2025